Un ano máis volven á cidade de Pontevedra os Sete Falares e, como en edicións anteriores, o CITA volverá ser un dos espazos para os contos que encherán a vila.
Os días 7, 8, 9 e 10 de xuño de 2018 celébrase de novo o Encontro Internacional de Contadores de Historias que contará con contadores e narradoras de Camerún, Portugal, Zamora e Galiza.
No espazo do CITA a programación será a seguinte:
- SEXTA FEIRA 8
18:00 – PAVÍS PAVOS (Galiza)
- SÁBADO 9
19:00 – SUSANA CECÍLIO (Portugal)
- DOMINGO10
12:30 – SOFIA MAUL (Portugal)
19:00 – GUTI (Zamora)
Todas as actividades son de entrada libre até completar aforo e dirixidas a público adulto
O programa completo das actividades pode consultarse na páxina de Sete Falares