Desde o 1 de abril o CITA volve a funcionar con normalidade despois do habitual peche para mantemento que se ven realizando cada ano. Neste ano 2017 comezamos a nova andaina do centro con novo horario de visitas:
Martes, mércores, xoves, venres e domingos de 10 a 14 h. Venres e sábados de 10 a 14 h. e de 17 a 21 h. Festivos de 10 a 14 h.
Co obxectivo de achegar o CITA tanto ao público xeral como ao alumnado de diferentes ciclos ofrécemos visitas didácticas que poden ser concertadas chamando ao 986090677, enviando un correo electrónico ao enderezo cita@pontevedra.eu ou na propia recepción do centro.
Agardámoste!
máis información sobre as visitas