CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Visita

Se queres visitar o CITA, e debido ás dimensións do centro con aforo limitado, recomendamos que realices unha reserva previa:

  • chamando ao número de teléfono 986090677;
  • enviando un correo electrónico ao enderezo cita@pontevedra.eu;
  • ou anotándote na recepción do centro os días de apertura, de martes a domingo.

A visita ao centro museográfico organízase en tres partes, correspondente cada unha coa división interior do espazo. A primeira é na entrada, onde se ofrece unha presentación sobre a Pontevedra medieval e moderna e sobre o que foi o pazo-fortaleza. Esta recepción á persoa visitante está apoiada en pantallas táctiles, cun enfoque orientado ao turista e a un público novo, buscando a interactividade. Nesta zona sitúase tamén unha maqueta coa reconstrución do edificio.

A segunda parte localízase no centro do CITA e está consagrada á observación da escarpa e a contraescarpa e ás características defensivas do inmoble. Maqueta CITAAmósase aquí a ponte levadiza e unhas balas pétreas de catapulta, así como as marcas de canteiro e varias pezas cerámicas atopadas nas escavacións.

Finalmente, ao fondo exhíbese un audiovisual, dispoñible en galego, español, inglés, francés e unha versión subtitulada para persoas con discapacidade auditiva.

No referente á accesibilidade, sinalar que a maqueta táctil que reconstrúe fisicamente o pazo-fortaleza posúe rotulación en Braille.

As visitas comezan cada hora.

Deja un comentario

Campos requeridos marcados con *.


A %d blogueros les gusta esto: