CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Presentación

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais ofrece unha nova visión do pasado da cidade do Lérez. Permite unha achega ao coñecemento sobre o que foi un dos monumentos máis emblemáticos da historia de Pontevedra, xunto coa ponte medieval e a igrexa de Santa María a Maior.

O primitivo castelo ergueuse a comezos do século XII e pouco despois Fernando II dóalle a vila co seu castelo ao arcebispado de Santiago. A fortaleza apenas se verá afectada polas guerras irmandiñas pero, en cambio, sufriu graves danos durante o enfrontamento entre Alonso II de Fonseca, arcebispo de Santiago, e Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga, durante a guerra civil que entre os anos 1474 e 1477 enfrontou aos partidarios de Sabela a Católica e aos de Juana a Beltraneja, irmá e filla de Henrique IV de Castilla.

A comezos do século XVIII os ingleses incendian o pazo, que queda practicamente destruído, agás a súa imponente torre da homenaxe que aínda se usará como prisión. A finais do século XIX decídese a súa total demolición.

No ano 2007, nas obras de reforma urbana na avenida de Santa María, aparecen os restos da fortaleza que hoxe en día se poden visitar no CITA. Tras dous anos de escavacións, o centro inaugúrase en agosto de 2010 e ábrese no mes de setembro segundo o proxecto arquitectónico de Jesús Aser Fole Osorio e museístico do arqueólogo Xoán Carlos Castro Carrera.

novembro_cita

Deja un comentario

Campos requeridos marcados con *.


A %d blogueros les gusta esto: