CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

#AskACurator Day

| 0 Comentarios

askacuratorDesde o ano 2010 desenvólvese nas redes sociais dos museos de todo o mundo a actividade «Ask a curator» (pregunta ao conservador/a). Unha «reunión» virtual en twitter para preguntar ao persoal dos centros museísticos dúbidas ou curiosidades. E que mellor iniciativa para unirnos nesta nova etapa que vimos de comezar a través da conta @CITAPontevedra . Outro xeito de achegarse ao museo, virtualmente.

O 17 de setembro contestaremos desde o CITA a todas as preguntas que nos fagades a través desta rede social, podendo seguir o evento co hastag #AskACurator.

Veciñanza de Pontevedra e arredores, estudantes, visitantes do resto da provincia, turistas, profesionais ou, simplemente, persoas curiosas, preguntade! Estaremos á vosa disposición todo o día no twitter, e no propio centro de 11 a 14 horas.

Aquí podes ver os museos participantes.

Deja un comentario

Campos requeridos marcados con *.


A %d blogueros les gusta esto: