CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Reapertura

Alegrégranos anunciar que a partir do día 2 de xuño o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais abre de novo a súas portas.

Despois deste longo peche pela crise sanitaria da Covid-19 voltamos abrir as nosas portas adaptándonos ás novas circunstancias.

Animámosvos a visitar o Centro e gozar do noso espazo con seguridade. Para isto pregamos teñades en conta que algunhas cousas serán diferentes agora:

ANTES DA VISITA ten en conta que:

  • Non haberá visitas guiadas ao Centro
  • O aforo estará limitado a 8 persoas
  • O uso de máscara será obrigatorio para persoas a partir dos seis anos (agás casos excepcionais) e recomendábel para crianzas entre 3 e 5 anos

  • Non se poderá facer uso de aseos ou consignas, polo que pedimos non acudir con vultos de gran tamaño, comida ou bebida.

DURANTE A VISITA:

  • Manter, sempre na medida do posíbel a distancia de seguridade con outras persoas
  • Mantén sempre posta a túa máscara. O uso de marcarilla será obrigatorio para persoas a partir dos seis anos (agás casos excepcionais) e recomendábel para crianzas entre 3 e 5 anos
  • Utilizar a solución hidroalcólico que temos á vosa disposición e mantén unha boa desinfección das mans, especialmente no uso das pantallas táctiles.

E O MAIS IMPORTANTE:

DISFRUTA DA VISITA, sempre con seguridade!

 

Comentarios cerrados

A %d blogueros les gusta esto: