CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

EnfocA

O CITA ten o gran prazer de ser un dos lugares escollidos para o evento enfocA (Encontro de Fotografía) que terá lugar en Pontevedra do 23 de novembro até o 9 de decembro.

Un evento adicado á imaxe que transcorre en Pontevedra e que aposta pola utilización de formatos, soportes e espazos non convencionais para facer circular as imaxes. Trátase dunha iniciativa na que se buscan contar historias a través das imaxes e das actividades.

 

Repartidas en diferentes escenarios da cidade de Pontevedra, no centro de intrepretación contaremos coas seguintes actividades:

 

  • ENFOCADAS – 4 FOTOXORNALISTAS // 4 OLLADAS DA ACTUALIDADE.  Inauguración Venres 23 de novembro, ás 20.00 horas.

Unha exposición de 4 fotógrafas vencelladas aos medios de comunicación e institucións da cidade – Beatriz Císcar Revenga, Mónica Patxot, Cristina Saiz e Alba Sotelo- que achegan a súa visión da actualidade ao tempo que reivindican o papel da muller no panorama actual dos medios de comunicación e da fotografía.

 

  • CONVERSAS CON Lucía Catoira Pan, premio Mestre Mateo 2018 á Mellor Dirección de Fotografía polo filme Doghs. Modera: Marisa Ciordia, xornalista PontevedraViva
    Xoves, 29 de novembro, ás 20.00 horas.

Nesta actividade, os participantes poderán compartir un café con esta profesional da imaxe. Trátase de conversar, compartir inquedanzas, facer preguntas, … en definitiva fuxir dun discurso poñente/asistente para que tanto o profesional coma o público se poidan sentir nun ambiente distendido ao tempo que aprenden e reflexionan sobre fotografía.

 

A información completa do evento e as diferentes actividades en www.pontevedra.gal

 

Comentarios cerrados

A %d blogueros les gusta esto: