CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

‘A indumentaria tradicional na actualidade’

É o título da mesa redonda que terá lugar no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais dentro das actividades complementarias ao primeiro gran desfile de traxe tradicional que se celebra na Galiza, ‘Sete varas, un refaixo’, que terá lugar no Pazo provincial da Deputación de Pontevedra o vindeiro 10 de xuño ás 21:30h.

A partires do vindeiro martes 6 de xuño, o CITA acollerá as dúas actividades previas ao desfile: unha microexposición de traxes que poderá visitarse desde o 6 ao 9, e unha mesa redonda sobre ‘A indumentaria tradicional na actualidade’ que terá lugar o día 9 ás 19h, onde coleccionistas e membros de diferentes asociacións falarán sobre este tema.

No desfile, que terá lugar o sábado 10 ás 21:30h no Pazo provincial da Diputación de Pontevedra poderán verse máis de 700 pezas, de diferentes épocas históricas e comarcas do país.
Esta iniciativa está encabezada pola Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, polo Concello de Pontevedra e pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

www.depo.es

Comentarios cerrados

A %d blogueros les gusta esto: