Como cada ano o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais súmase, o día 18 de maio, á celebración mundial do Día Internacional dos Museos
O tema seleccionado polo Consello Internacional de Museos (ICOM) para este ano 2017, co obxectivo de sensibilizar ao público sobre a importancia dos museos como medio de intercambio de cultura, de entendemento mutuo e de desenvolvemento das sociedades. é Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos.
Para unirnos as celebracións que terán lugar arredor de todo o mundo o CITA celebra unha xornada de portas abertas con entrada de balde o xoves 18 de maio de 10 a 14h e de 17 a 22 h.
Ademais tamén contaremos coa actuación do Dúo Firveda as 21 h. con entrada libre ata completar aforo.
Agardamos as vosas visitas para celebrar connosco este día!