CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Reapertura

| 0 Comentarios

No Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra iniciamos unha nova andaina tras dous meses de peche. A reapertura realizouse cun grupo de alumnos/as do IES do Milladoiro (Ames), na compaña de profesorado e representantes municipais..

Tralo habitual peche de comezos de ano, acometéronse traballos de mantemento das instalacións, relacionados principalmente coa iluminación, e de restauración. Neste ámbito, dúas profesionais restauradoras realizaron un tratamento consistente na limpeza manual das pezas e restos arqueolóxicos mediante o emprego de brochas e cepillos suaves, a consolidación puntual de zonas de terra e a aplicación dun biocida mediante pulverización.

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais continúa así outra etapa neste 2016 despois da súa inauguración en 2010. Lembramos que o CITA pódese visitar de mércores a domingo, podendo reservar entrada a través do enderezo de correo cita@pontevedra.eu ou chamando ao número de teléfono 986090677

Deja un comentario

Campos requeridos marcados con *.


A %d blogueros les gusta esto: