CITA

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

18 de maio, Día Internacional dos Museos

| 0 Comentarios

museos_pazoUn ano máis, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra únese á celebración do Día Internacional dos Museos. Nesta edición de 2015, o tema escollido polo Consello Internacional de Museos (ICOM) é o de Museos para unha sociedade sostible. Trátase así de recoñecer o papel dos museos para concienciar ao público sobre a necesidade dunha sociedade menos derrogadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dunha maneira máis respectuosa cos sistemas biolóxicos.

Co obxectivo de achegar o CITA á cidadanía, o luns haberá unha xornada de portas abertas. Ademais, a programación inclúe diferentes eventos realizados de forma conxunta co Pazo da Cultura de Pontevedra e coa colaboración de colectivos da cidade.

Xornada de portas abertas no CITA
Luns 18 de maio de 2015
De 11 a 14 horas e de 18 a 21 h.
Entrada gratuíta

Unha cita no CITA
O alumnado da área de Turismo do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza realizará unha actividade de rúa para difundir o CITA entre a cidadanía. Un sinxelo xogo con preguntas que lles permitirá as persoas que acerten entrar no sorteo dunha comida para dúas persoas no restaurante do CIFP e de dúas visitas interpretadas gratuítas ao CITA. Será o luns pola cidade histórica en horario de mañá (de 10:30 a 14 h.) e de tarde (de 16:30 a 20 h.), co posterior sorteo no CITA ás 20:30 horas

Conservar e restaurar?
Co obxectivo de concienciar á sociedade no respecto ao noso patrimonio, entendo as fórmulas precisas para a conservación e a restauración, durante toda a semana haberá no CITA unha proxección da Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC

Do individuo á paisaxe: ruínas da memoria
Unha intervención conxunta de dous artistas de Belas Artes. Elia Núñez, arquitecta pola UEM e graduada en BBAA, exporá unha instalación sonora de 2013 baixo o título “Nosotros: extrañas inconsistencias”. Pola súa banda, Román Corbato, arquitecto xixonés pola Universidade da Coruña, máster en Arte Contemporánea pola de Vigo e cursando o doutoramento en BBAA, presentará a obra “Intentos”, unha videoinstalación de 2014. A mostra inaugurarase o luns ás 11:30 horas no CITA e permanecerá aberta ata o domingo

Torta conmemorativa do 18 de maio
Desde a área de Cociña e pastelaría do CIFP Carlos Oroza realizarán un doce para celebrar o Día dos Museos. Poderase degustar o luns pola mañá a partir das 12 horas no CITA

Interpretación histórica de Pontevedra
Unha actividade especial para membros da Asociación de Pais de Discapacitados Intelectuais Virxe da O” Centro Méndez Núñez e para a de Síndrome de Down “Xuntos“. A primeira realizarase o propio Día dos Museos ás 16:30 horas e o de Xuntos será o mércores pola mañá, cun grupo ás 11 h. e outro ás 12 horas

Barriga Verde, de Feira en Feira
vitrina_silvent_smallOutra das actividade excepcionais será na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Así, e con motivo deste Día dos Museos, Anxo García, de Viravolta Títeres, na compaña de títeres tradicionais, fará unha visita guiada á exposición ás 18:30 horas. Trátase dunha actividade duns 50 minutos de duración para público familiar con menores a partir dos 5 anos de idade. Ademais, pola mañá a exposición terá visitas concertadas de centros escolares desde as 10 horas.

ICOM 2015

Deja un comentario

Campos requeridos marcados con *.


A %d blogueros les gusta esto: